Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.
Denominación: liña de M.T. subterránea e C.T. de 1x400 kVA.
Situación: edificio de Manuel Ben Losada, rúa de Aduana, San Cibrao.
Descricións técnicas: liña de M.T. subterránea a 20 kV, con cable 1x150 mm Al. Designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 260 m de lonxitude, centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000 ± 5%, 398-230 V.
Orzamento: 3.816.995 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 27 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo