Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras de claves OH.227.242 e OH.227.241.

A) Obra.

1. Ampliación da rede de abastecemento municipal (Bóveda-Lugo).

Clave: OH.227.242.

Orzamento: dezaseis millóns seiscentas corenta e tres mil catrocentas setenta e sete pesetas (16.643.477).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: 332.870 ptas.

2. Ampliación da capacidade de transporte de auga desde ó encoro de Vilasouto o depósito de Guntín (Bóveda-Lugo).

Clave: OH.227.241.

Orzamento: trinta e cinco millóns mil setecentas trinta e nove pesetas (35.0001.739).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: 700.035 ptas.

(Declarada urxente segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de mánifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante

Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Femández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda