Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, do Grupo de Portos A Coruña Norte, pola que se somete a información pública o proxecto de casetas no Barqueiro.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa do 16 decembro de 1954, sométese a información pública o proxecto de casetas no Barqueiro, para que os afectados pola expropiación poidan presenta-los seus escritos coas alegacións que consideren oportunas nas oficinas do Grupo de Portos A Coruña Norte, sitas na avenida Alférez Provisional, nº 1, 1º, na Coruña, onde se encontra exposto o expediente do que se trata, no plazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

A Coruña, 1 de marzo de 1995.

Manuel García Blanco

Enxeñeiro xefe do Grupo de Portos A Coruña Norte