Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 22 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío dos resgardos dos depósitos 893 bis/1990 e 887/1992, para os efectos de expedición dos duplicados correspondentes.

Producido o extravío dos resgardos dos depósitos varios nº 893 bis/1990 e 887/1992 de datas 1-6-1990 e 1-6-1992, por importe de 100.000 ptas. cada un, constituídos mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación garantindo a Ángel Rodríguez Álvarez, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se podan atopar, para que os repesenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, r/ Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados a partir da data da publicación do presente anuncio, non se tivesen presentado, procederase sen máis trámite á expedición dos duplicados ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán ningún valor nin poderán producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 22 de marzo de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA