Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 4 de abril de 1995 pola que se modifica a do 30 de xaneiro de 1995 na que se aplican, na Comunidade Autónoma de Galicia, as medidas de apoio á mellora das estructuras agrarias establecidas polo Real decreto 1887/1991.

O Real decreto 1887/1991, do 30 de decembro, aplica en España o Regulamento (CEE) 2328/1991 do consello, do 15 de xullo. Posteriormente o Regu-

lamento (CEE) 2843/1994 do consello, do 21 de novembro, modifica o Regulamento (CEE) 2328/1991, entre outros aspectos, no relativo ó axuste dalgúns importes fixados en ecus. A orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 24 de febreiro de 1995 actualiza os valores establecidos no Real decreto 1887/1991.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único. -

En aplicación da orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 24 de febreiro de 1995, os valores dos investimentos obxecto da axuda e o importe destas, recollidos na Orde do 30 de xaneiro de 1995, modifícanse segundo se indica no anexo I da presente orde.

Disposición transitoria

Ás solicitudes recibidas ó abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 1995, anteriores á data de entrada en vigor da presente orde, sobre as que non recaesen resolución ata a dita data, aplicaránselle-los novos valores recollidos nesta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dictar cantas disposicións considere necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes