Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 158/1994 (52.645)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aerosubterránea de media tensión, a 15/20 kV, con orixe na subestación de Cabana, nos seguintes tramos:

-Tramo I. Desde a subestación a apoio nº 7, en dobre circuíto aéreo sobre apoios metálicos e conductor LA-1 10, de 646 m de lonxitude.

-Tramo II. Desde o apoio nº 7 ó apoio nº 20, en simple circuíto, sobre apoios de formigón e conductor LA-1 10, de 2.386 m de lonxitude.

-Tramo III. Desde o apoio nº 20, en subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 de 3 (1x240) mm Al e 960 m de lonxitude, dentro do casco urbano de Ponteceso. Cabana e Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña