Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3 (1x240) mm Al, de 990 m de lonxitude, con oxire no pórtico do trafo Bruño, da liña Cabreira-Maianca-Bruño (expediente 27.213) e remate no C.T. Urbanización Rialta-Arillo 2.
-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-110, de 253 m de lonxitude, seguida de tramo subterráneo, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 de 3 (1x240) mm Al, de 18 m de lonxitude que remata no C.T. Arillo. Oleiros.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 7 de marzo de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña