Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 178/1994 (52.652)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor

LA-110, de 4.903 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da liña Ermida-Anos e remate no apoio nº 32, Cabana.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña