Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 304 que afecta a parte do monte Número, da parroquia de Cambre, concello de Malpica.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 14 de decembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido o 14 de decembro de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo

Expediente nº 304

Monte: parte do monte Número

Sito en: parroquia de Cambre

Concello: Malpica

Resultando que diversos veciños da parroquia de Cambre, concello de Malpica, solicitaron con data 2-4-1993 deste xurado, a cualificación como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 160,10 ha.

Lindeiros:

Norte, desde o piquete nº 578 do deslinde do monte Número fronte a Pedra Pingona, ata o no 585, deste

o nº 1 e continuando ata o nº 50, todo iso seguindo a liña da costa.

Leste, desde o piquete nº 50 ó nº 138 do deslinde, estremando con propiedades de Manuel Santiago Mato, Perfecto Freijeiro, Josefa Añón, Carmen Vázquez e outros veciños de Aviño.

Sur, desde o piquete nº 138 ata o nº 404, estremando con propiedades de Jesús Caamaño, Carmen García, Francisco Varela, Basilio Villar, José Varela, Manuel Veiga, Ramón Veiga, Serafín Novo, Ramón Varela, Carmen Gómez, Manuel Sánchez e outros veciños de Cambre.

Oeste, desde o piquete nº 404 e seguindo o rego da Rega ata o piquete nº 578, fronte a Pedra Pingona.

Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 18-5-1993, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Vicente Aldea Meléndez, quen aceptou expresamente o dito cargo. Debido á xubilación deste, en reunión do xurado de 26-4-1994, nomeouse novo instructor a Federico Sánchez Rodríguez, o cal aceptou o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Carballo, oíndose tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do Concello de Malpica, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 138, do 19-7-1994), taboleiro de anuncios do concello, Cámara Local Agraria e lugares de costume.

Resultando que os veciños da parroquia de Cambre fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos, nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo, presentando para iso acta notarial na que os maiores da parroquia manifestan a existencia de tales aproveitamentos desde tempo inmemorial, así como acta do acordo do Pleno do Concello de data 28-1-1993, no que se informa favorablemente tal petición.

Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en viriude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Considerando que en conformidade co contido do ailigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños da parroquia de Cambre, concello de Malpica, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características:-

1. Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas.

2. Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros.

3. Que os veciños comuneiros residan habitualmente con «casa aberta» dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

Considerando que das actuacións obrantes no expediente e en especial da comprobación do que se expresa no terceiro resultando, se deduce de forma indiscutible que, no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal da parroquia de Cambre, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común, da Comunidade Veciñal da parroquia de Cambre, concello de Malpica, o denominado Parte do Monte Número, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. Así mesmo, acórdase excluí-lo declarado, do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 14 de decembro de 1994.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do xurado