Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa, da obra de repoboación forestal no monte Barbanza de posmarcos do concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) (1517).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de contratación directa:

Obxecto: contratación da execución das obras de repoboación forestal no monte Barbanza de posmarcos do concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña) (1517), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: dezasete millóns trescentas setenta e nove mil novecentas setenta pesetas (17.379.970 ptas.).

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 5 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 11 de maio de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes