Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala a data, a hora e o lugar para os pagamentos do prezo xusto pola entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., beneficiaria do expediente de expropiación por construcción da liña eléctrica Padrón-Alto do Bexo, tramos da de Padrón-Boiro, tramo Padrón-Revixós, en Dodro.

Faise saber a tódolos propietarios dos predios contidos nos expedientes de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV Padrón-Alto do Bexo, da de Padrón-Boiro, tramo Padrón-Revixós; do que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña; que o día 3 de maio de 1995, ás 12 horas, se procederá na Casa do Concello de Dodro, ós pagamentos do prezo xusto segundo resolucións dictadas polo Xurado Provincial de Expropiación,

advertindo ós propietarios dos predios, que serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954; e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagamentos expóñense xunto con este anuncio nos taboleiros oficiais desta delegación e dos concellos a que corresponden.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña