Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 113/1995 A. T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo, 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o entronque do C.T. Fontenla-C.T. Golán-embarcadoiro ata o C.T. que se proxecta en Fontenla II, concello de Tomiño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 278 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.545 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

Orzamento: 5.873.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra