Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 111/1995 A. T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. de Corbaceiras ata o C.T. de Concepción Arenal, concello de Pontevedra.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 5.318.472 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra