Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 93/1995 A. T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun desvío liñas estrada Lalín-límite da provincia de Ourense que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na estrada PO-202 desde Lalín ata o límite provincial de Ourense, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: mellora-lo trazado estrada PO-202.

Características principais: desprazamento de liñas existentes conservando as características actuais. L.M.T., aérea, de 235 m de lonxitude con conductor LA-56 e 80 m en conductor LA-110, ámbalas dúas sobre apoios de formigón e metálicos. L.M.T., soterrada, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Redes de B.T. de 4.585 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Orzamento: 17.923.337 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra