Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da obra de clave CXC-OH-94-1 Cerceda.

Resolución do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto, da obra, rede de abastecemento de auga desde Cerceda e circuíto galego de velocidade a Silva e Meirama, de clave, CXC-OH-94-I-Cerceda.

Clave: CXC-OH-94-I-Cerceda.

Obra: rede de abastecemento de auga desde Cerceda e circuíto galego de velocidade a Silva e Meirama.

Orzamento : cento sesenta e un millóns trecentas noventa e unha mil trescentas cinco pesetas (161.391.305 ptas).

Prazo de execución: vinte meses.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e no 32 da Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo Monelos, 8º andar, A Coruña.

Garantía provisional que se lles esixe ós licitadores.

Esixirase unha fianza provisional de 3.227.826 ptas. agás nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

Clasificación do contratista.

Grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado (artigo 100 do RXC redactado segundo o Real decreto lexislativo 2528/1986, do 28 de novembro).

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura de proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do terceiro día natural, que non cadre en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña