Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 1995 Páx. 3.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa, das obras que se citan (clave CXC-3-IV-95 Cerceda e dúas máis).

A Delegación Provincial da Coruña anuncia a licitación polo sistema de poxa das obras que se relacionan:

A) Obras.

Clave: CXC-3-1V-95 Cerceda.

Obra: estrada Cerceda-Paiosaco. Tramo IV.

Orzamento: once millóns cincocentas trinta e cinco mil oitocentas trinta e seis pesetas (11.535.838 ptas.)

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas trinta mil setecentas dezasete pesetas (230.717 ptas.).

Clave: XC-6-IV-95 Cerceda.

Obra: Cerceda-Cambre, da estrada Muros-Cambre. Tramo IV.

Orzamento: trinta e nove millóns cincocentas cincuenta mil pesetas (39.550.000 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: setecentas noventa e unha mil pesetas (791.000 ptas.).

Clave: XC-5-V-95 Cerceda.

Obra: estrada, Carballo-Ordes. Tramo V. Travesía de Xesteda.

Orzamento: vinteún millóns setecentas trinta e catro mil seiscentas oitenta e tres pesetas (21.734.683 ptas.).

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: catrocentas trinta e catro mil seiscentas noventa e catro pesetas (434.694 ptas.).

Clave: AC-95.173 Ribeira.

Obra: beirarúas e iluminación pública na C-550, travesía de Palmeira.

Orzamento: oito millóns duascentas oitenta e catro mil cincocentas oitenta e oito pesetas (8.284.588 ptas.).

Prazo de execución: cinco meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: cento sesenta e cinco mil seiscentas noventa e dúas pesetas (165.692 ptas.).

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e a 32 Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposicións: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

0 prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Calicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás doce horas do terceiro día natural, que non coin

cida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de abril de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña