Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (7/1991).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 7/1991, por vexación inxusta, nas que con data do

16-11-1994 a Audiencia Provincial da Coruña dictou auto en grao de apelación co encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«O presidente Benedicto López, como tribunal unipersoal da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou o seguinte auto:

Decido declarar deserto o recurso de apelación interposto por Manuel del Río Martínez contra a sentencia dictada no xuízo de faltas de que se fai mención no primeiro da presente resolución.

Remítaselle certificación desta resolución, con dilixencias orixinais e carta-orde, ó xulgado de procedencia para a súa notificación ás partes e execución, solicitando xustificante de recepción.

Así o acorda, manda e asina S.Sª e dou fe. Benigno López. Rubricado».

E para que sirva de notificación da resolución recaída en grao de apelación a María del Carmen López Sánchez, a cal está en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado