Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (152/1995).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do social número catro, Beatriz Rama Insua, nos autos rexistrados co nº 152/1995 de orde, seguidos por instancia de Mª Carmen Fernández Garea contra Confecciones Salceda S.C.L., en reclamación de despido para o día 8 de maio ás 11.55 h., cítase a representación legal de Confecciones Salceda S.C.L. que tivo o seu domicilio na Coruña e hoxe de paradoiro ignorado, en única convocatoria, para que acompañado de tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na r/ de Monforte s/n (1ª planta), edificio Xulgados co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevídoo de que a copia da demanda atópase ó seu dispor neste xulgado.

Dado na Coruña o 29 de marzo de 1995.

O secretario

Rubricado