Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (94/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 94/1995, que se seguen por substracción de vehículo de motor, cítase a Avelino Requeijo Porto, en calidade de denunciante, e actualmente en ignorado paradoiro, para que o vindeiro día vinteseis de abril, ás dez horas e dez horas, asista á vista do correspondente xuízo de faltas, que terá lugar na sala de vistas do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo 24, planta baixa, co fin de celebra-lo correspondente xuízo de faltas; advertíndoo de que deberá asistir acompañado dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito; fáiselle saber que poderá asistir acompañado de avogado.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

O secretario

Rubricado