Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (228/1993).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo número 228/1993, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de setembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo número 228/1993, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Amado Varela Tobío, e defendido polo letrado..., contra Santiago Vilar Guardado e Emilia Alejo Vega, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que na súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando seguir adiante a execución ata facer remate dos bens embargados e que no sucesivo se lle poidan embargar ó debedor Santiago Vilar Guardado e Emilia Alejo Vega e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 6.777.220 pesetas

de principal e 2.000.000 de pesetas máis calculadas, sen prexuízo de liquidación definitiva, para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose o orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ós demandados na forma e modo que a lei establece para os rebeldes, xulgado definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para a súa publicación no DOG co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados Santiago Vilar Guardado e Emilia Alejo Vega, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario do xulgado

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA