Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (17/1995).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, Francisco Serrano Arnal, nos autos de xurísdicción voluntaria número 17/1995 sobre nomeamento de contador-partidor-dativo, promovidos polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Esperanza López Rodríguez, cítase a Antonio Antelo López, ausente en ignorado paradoiro, para que compareza o próximo día vinteoito de abril ás once horas perante este xulgado co fin de celebra-la correspondente xunta de nomeamento de contador-partidor-dativo da herdanza dos causantes Santiago López Noya e de Esperanza Rodríguez Valiñas.

E para que lle sirva de citación en forma ó referido interesado e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o tres de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA