Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de fabricantes de mobles de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de fabricantes de mobles de Ourense para o ano 1995, na reunión celebrada o día 7 de marzo de 1995, convenio inscrito no correspondente rexistro por Orde do 29 de xuño de 1994 e publicado no BOP nº 164, do 19 de xullo (código de convenio nº 3200185), para darlle cumprimento ó establecido no artigo 18, disposición transitoria primeira do mesmo, e tendo en conta o disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do acordo no libro rexistro desta delegación provincial, e a súa notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de marzo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ACTA

En Ourense, sendo as 19.30 horas do día 7 de marzo de 1995, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de fabricantes de mobles da provincia de Ourense, estipulado no artigo 18 do texto publicado no BOP nº 164, do 19 de xullo de 1994, para darlle cumprimento ó establecido na disposición transitoria primeira do referido texto legal, e tras varias deliberacións, acordan:

Primeiro.-O IPC referido ó período 1-1-1994 ó 31-12-1994, foi do 4,3% segundo INE.

Segundo.-Que procede actualiza-las táboas salariais na porcentaxe do 0,25%, sendo a táboa definitiva desde o 1-1-1995 a seguinte:

CategoríaSalario base

Peón74.707 ptas.

Axudante81.294 ptas.

Oficial 2ª83.327 ptas.

Oficial 1ª83.623 ptas.

Encargado85.625 ptas.

Aux. administrativo81.294 ptas.

Administrativo de 2ª82.186 ptas.

Administrativo de 1ª82.478 ptas.

Traballador entre 16 e 18 anos salario diario: 1.434 ptas.

Terceiro.-Remitirlle á delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en Ourense, a presente acta para o seu rexistro e posterior publicación no BOP tralos trámites legais que correspondan.