Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fóra de Galicia.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de ampliación de axudas para accións de apoio eco

nómico ós estudiantes universitarios, convocadas no anexo VIII da Orde do 16 de novembro de 1994 (DOG do 28 de novembro), procede, atendendo á proposta elaborada pola comisión avaliadora, creada por Resolución do 11 de agosto de 1994 (DOG do 1 de setembro), facer pública a relación provisional de beneficiarios.

En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.- Facer pública a relación provisional de beneficiarios de axudas de bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes, que residan fóra de Galicia (anexo VIII), e de conformidade co punto 9 das bases da convocatoria.

Segundo.- A dita relación provisional estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, dos rectorados das tres universidades de Galicia, na oficina de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Presidencia da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

José Manuel Touriñán López.

Director xeral de Universidades e Investigación.