Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.039

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO.

Anúnciase a convocatoria do concurso das obras de prolongación de accesos ó parque empresarial de Meira (Lugo).

Total: 17.543.800 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur, sita na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de 11 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte a publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentáción para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur ata ó décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A apertura das proposicións económicas efectuarase o décimo sexto día hábil seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, ou ó décimo sétimo, se o décimo sexto é sábado, ás 17 horas, na sala de xuntas de Xestur.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 7 de abril de 1995.

Xestur Lugo