Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.040

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 3 de marzo de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Manzaneda.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa reunión do día 3 de marzo de 1995 acordou nomear por un período de catro anos a Isabel García Fernández xuíza de paz substituta de Manzaneda (Ourense), concello esta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente toda vez que no concurso que convocou esta sala de goberno ultimamente, non obtivo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo e tendo en conta que o concello, no seu día, non elixiu persoa ninguna para o desempeño do dito cargo.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial ante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no Xulgado de Paz para que foi nomeado, ante quen se atopar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 3 de marzo de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala do Goberno do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia