Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 16 de marzo de 1995, aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas para a venda, mediante poxa con admisión previa, duns bens patrimoniais, propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, procedéndose a través do presente anuncio, ó anuncio da licitación dos citados bens.

1.-Obxecto do contrato.

A venda, mediante poxa por admisión previa dos seguintes bens de propiedade municipal:

Catro vivendas illadas de dúas plantas cada unha delas, situadas nas rúas Pío XII e José Viqueira Barrio, números 5, 7, 10 e 26 respectivamente, cos seus terreos anexos:

-O predio nº 5 conta con 162 m de edificación e con 326 m de terreo anexo.

-O predio nº 7 conta con 162 m de edificación e con 321 m de terreo anexo.

-O predio nº 10 conta con 170 m de edificación e con 313 m de terreo anexo.

-O predio nº 26 conta con 90 m de edificación e con 319 m de terreo anexo.

2.-Tipo de licitación.

Sinalaranse como tipos de licitación os seguintes

-Para vivenda nº 5: 7.986.000 ptas.

-Para vivenda nº 7: 7.902.000 ptas.

-Para vivenda nº 10: 8.006.000 ptas.

-Para vivenda nº 26: 6.078.000 ptas.

A mellora realizarase á alza con respecto a elas.

Os tipos de licitación derivan da valoración emitida polo arquitecto municipal.

3. Garantía provisoria.

Dentro do sobre que conteña a proposición e os documentos, presentarase o resgardo acreditativo de que se constituiu a dispor da Presidencia da Cor

poración, a garantía provisoria de 100.000 ptas. por cada unha das vivendas á que se opte.

4.-Trámite de admisión previa.

Os licitadores deberán ser persoas físicas que leven residindo na data de presentación da proposta máis de vintecinco anos no concello de Vilagarcía de Arousa e non sexan propietarios de vivenda. Os documentos xustificativos dos anteriores requisitos serán expedidos polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

5.-Proposición e documentación complementaria.

1. As proposicións para tomar parte na poxa con admisión previa presentaranse nun sobre pechado, no que figurará o lema «Proposición para tomar parte na poxa con admisión previa das vivendas sitas na lomba, convocada polo Concello de Vilagarcía de Arousa», presentada por

..............con domicilio en ...situado en

As propostas redactaranse segundo o modelo seguinte:

D/Da

maior de idade,

veciño de con domicilio

en con

DNI nº

en plena posesión da súa capacidade xurídica e de actuar, sabendo da poxa anunciada no

nº.... de data .... toma parte en nome propio e ofrece o prezo de ptas., en letra

.... ptas., pola vivenda nº... situada na rúa... de acordo co prego de cláusulas económico administrativas, que acepta integramente.

(Lugar, data e sinatura).

2. Os licitadores presentarán, xunto co modelo de proposición e no mesmo sobre, os documentos seguintes

a) DNI ou fotocopia autenticada.

b) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación básica do Estado en materia de contratación administrativa.

e) Resgardo acreditativo de que constituíu a fianza provisoria.

d) Certificacións ás que se fai referencia na cláusula nº 8.

6.-As proposicións presentaranse na secretaría do concello, durante un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación.

7.-Apertura das propostas.

Terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación.

8.-Adxudicación definitiva.

O Pleno da Corporación realizarará a adxudicación definitiva das vivendas unha vez cumpridos os trámites establecidos no apartado anterior.

No caso de que o adxudicatario non sexa o arrendatario da vivenda, deberá aquel respectar forzosamente as subrogacións que contempla a lexislación vixente sobre arrendamentos urbanos.

Vilagarcía de Arousa, 20 de marzo de 1995.

Xoaquín Xavier Gago López

Alcalde-presidente