Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

Mediante acordo do Pleno deste Concello, do 23-2-1995, apróbase inicialmente o seguinte proxecto de urbanización:

Denominación: urbanización parcela número 50 e o seu entroncamento coa CN-525.

Promotor: Construcciones Limia, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 117.3º da Lei do solo, o devandito proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dos seguintes quince días hábiles á data de publicación deste edicto no DOG, podendo os interesados examinalo, así como o expediente que ó seu respecto, se tramita, na secretaría municipal, presentando as alegacións e reclamacións que consideren procedentes en idéntico prazo.

Verín, 2 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado