Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 6 de marzo de 1995 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública do programa de actuación urbanística e plan parcial do SUNP «Sur-B» (Louzaneta-Areeiras) do vixente PXOU de Lugo.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 24-2-1995, acordou aprobar inicialmente o programa de actuación urbanística e plan parcial do SUNP «Sur-B» (Louzaneta-Areeiras) do vixente PXOU, o que se somete a información pública por prazo de un mes ó amparo do prevido nos artigos 116 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana e artigo 224.1º do Regulamento de xestión urbanística. Durante o dito prazo poderase consulta-lo expediente no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), en horas de oficina e formula-las alegacións que consideren convenientes.

Lugo, 6 de marzo de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario