Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Flariz (Monterrei-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Flariz (Monterrei-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo decreto da Xunta de Galicia nº 184/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156 do 16 de agosto de 1993)que a xunta local da zona, na súa reunión do 17-02-1995 aprobou as bases definitivas da concentración, que estarán expostas ó público nos locais da casa de cultura de Flariz e nos locais de costume das parroquias afectadas, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario

Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade con que determina o artigo 36 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos que se poden examinar nos locais sinalados, refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación de terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo de trinta días sinalados, nesta Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Curros Enríquez, 1-6º Ourense) ou nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro de termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Ourense, 17 de febreiro de 1995.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural de Ourense