Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 289 que afecta ó monte Peón de Comoxo, do lugar de Comoxo, parroquia de Boiro, concello de Boiro, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 14 de decembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido 14 de decembro de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo

Expediente nº 289

Monte: Peón de Comoxo

Sito en: Lugar de Comoxo

Parroquia: Boiro

Concello: Boiro

Resultando que diversos veciños do lugar de Comoxo, parroquia de Boiro, concello de Boiro, soli-

citaron con data 10-1-1980 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado, iniciándose na data 28-1-1980 e co nº 182 o correspondente expediente. A súa tramitación quedou paralizada ante unha alegación por parte dos veciños, do lugar da Feosa.

Con data 19-11-1990 é solicitada de novo por veciños do lugar de Comoxo a declaración como veciñal do monte, o cal ten as seguintes características:

Superficie: 26.64 Ha.

Lindeiros:

O monte Peón de Comoxo é parte do Peón de Boiro, nº 159 do C.U.P. e está dividido en tres parcelas que lindan:

Parcela 1: Norte, con propiedades particulares e monte Peón de Cures do piquete 632 ó 657 e deste ó nº 1. Leste, co monte Peón de Cespón desde o piquete nº 1 ó nº 9 seguindo a orde de piquetes. Sur, desde o piquete nº 9 ó 591 por unha liña que pasa pola parte norte dos enclavados «A» e «B» deo Peón de Boiro. Oeste, con propiedades particulares desde-o piquete nº 591 ó 632, seguindo a orde correlativa de piquetes.

Parcela II: está limitada todo arredor polos piquetes do nº 658 ó 685, e desde último de novo ó 658.

Parcela III: Norte e Leste, con propiedades particulares desde o piquete nº 564 ata o 572. Sur, con monte da comunidade de Bermo desde o piquete nº 572 ata o J7 do enclavado J; co enclavado J desde o piquete J7 ata o J11 seguindo a orde inversa de piquetes e ata un punto intermedio entre os piquetes J11 e J10; co monte da comunidade de Feosa desde este punto ata a estrada de Noia a Boiro, pola liña recta que leva a unha caseta situada no outro lado da estrada e a 25 m do piquete 11 do enclave I. Oeste, coa estrada de Noia a Boiro, desde o punto no que finaliza o lindeiro sur ata o piquete nº 564.

Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 16-9-1992, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Ramón Olano Calleja, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Noia, oíndose tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do Concello de Boiro, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 133, do 12-7-1994), taboleiro de anuncios do concello, Cámara Local Agraria e lugares de costume.

Resultando que tanto os límites como a superficie do monte solicitado pola comunidade de Comoxo inclúen a parte reclamada pola comunidade da Feosa na súa correspondente solicitude de cualificación, expt. nº 310.

Que con datas 21 e 22 de abril de 1994 as comunidades veciñais dos lugares de Comoxo e A Feosa chegaron a un acordo para establece-los lindeiros comúns que puideran ter nos montes dos que tra

mitan declaración perante este xurado, quedando o dito acordo detallado nun plano do deslinde do monte e arquivado nos expedentes como proba do compromiso que suscriben coas súas sinaturas os futuros comuneiros.

Tal acordo é conforme se describe no primeiro resultando desta resolución,

Resultando que os veciños de Comoxo fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos, nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo, presentándose copia compulsada da escritura de redención dos foros do dito lugar.

Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Considerando que en conformidade co contido do artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Comoxo, parroquia de Boiro, concello de Boiro, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

Considerando que o acordo do establecemento dos lindeiros entre os montes das comunidades dos lugares de Comoxo e A Feosa é conforme se describe nos resultados primeiro e terceiro desta resolución, avalado polo compromiso subscrito polos compoñentes de ámbalas comunidades, futuros comuneiros delas, e reflectidas no plano que se arquiva no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común creado pola Lei 13/1989, do 10 de outubro.

Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características:

1. Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas.

2. Que se aproveite consuetudinariamente en rexime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros.

3. Que os veciños comuneiros residan habitualmente en «casa aberta» dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da

Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

Considerando que das actuacións obrantes no expediente e en especial da comprobación do que se expresa no cuarto resultando, se deduce de forma indiscutible que, no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal do lugar de Comoxo, parroquia de Boiro, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA

Cualificar como monte veciñal en man común, da Comunidade Veciñal de Comoxo, parroquia de Boiro, concello de Boiro, o denominado Peón de Comoxo, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. Así mesmo, acórdase excluír, o declarado, do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivera inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 14 de decembro de 1994.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do xurado