Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 292 que afecta a parte do monte Cadaval, Ruña e outros, dos lugares de Paxareiras e Recarea, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co dis

posto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 14 de decembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido o 14 de decembro de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia, Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Carames Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo.

Expediente nº 292

Monte: parte do monte Cadaval, Ruña e outros

Sito en: lugares de Paxareiras e Recarea

Parroquia: Coiro

Concello: Mazaricos

Resultando que diversos veciños dos lugares de Paxareiras e Recarea, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos, solicitaron con data 21-3-1980 deste xurado, a cualificación como veciñal dos expresados lugares, do monte arriba citado. Debido a oposición de veciños das propias comunidades de Paxareiras, e Recarea, a solicitude foi arquivada.

De novo, con data 11-7-1989 solicítase deste xurado a cualificación como veciñal do monte, o cal ten as seguintes características:

Superficie: 297 ha.

Lindeiros:

Parcela I: Norte, desde o piquete no 48 ó 57 do deslinde do monte Cadaval, Ruña e outros, nº 103-D do C.U.P. Leste, do piquete nº 57 por unha liña recta ata o 59.15 no punto denominado Pedra Cabalgada e de alí ó punto a7, b, c, c-59, d-59 polo lugar denominado Outeiro de Cadaval ata o piquete nº 59.17 e de alí ó piquete nº 36s ata o piquete 59.23 polo denominado Rego das Urces, e deste último, pola liña da valgada pola que discorre o regato do río Ribeiro, ata a Cruz de Servo Saído. Sur, desde a Cruz de Servo Saído ó piquete nº 254 e deste ó 256b. Oeste, desde o piquete 256b, atravesando a estrada a Muros ata o piquete 34b, 34a, 34 e deste último seguindo a orde de piquetes ata o nº 48.

Parcela II: Norte, desde o punto A, pasando polos piquetes A-11, B-11 e C-11 ata o piquete nº 12. deste ó nº 16 seguindo a orde de piquetes. Desde o piquete 16, pasando polos piquetes E16, F16, A-16, B-16, C-16, E17b, B17b, D17b, F17b, A17A, 17b, 17c, 18 e, deste, seguindo a orde de piquetes

ata o nº 23; deste último, pasando polos piquetes A-23, B-23, C-23, 24, 25a, 25d, 25c, 25b, 25 ata o 29 seguindo a orde de piquetes. Leste, do piquete nº 29 ó 31, 32, 256c, 256d, 256a e 255. Sur, desde o piquete 255 ó 262 pola líña que separa o concello de Mazaricos do de Muros, e do piquete nº 1 ó 10 e deste ó punto A pola liña que separa o concello de Mazaricos do de Carnota.

Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 16-9-1992, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Ramón Olano Calleja, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Muros, oíndose tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do Concello de Mazaricos, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº133, do 12-7-1994), taboleiro de anuncios do concello, Cámara Local Agraria e lugares de costume.

Resultando que con data 24-3-1992 é presentada por varios veciños de Paxareiras solicitude de que se siga expediente de cualificación separado para cada lugar, e reclamando parte do monte como pertencente ó citado lugar. A dita solicitude é desestimada na instrucción do expediente de non haber acordo na determinación dos lindeiros cos veciños do lugar de Recarea, cos que conxuntamente eran titulares do foro do que proceden os seus dereitos.

Resultando que con data 10-8-1994 os veciños do lugar de Manda interpoñen unha alegación referida ós lindeiros entre o monte reclamado por esta comunidade e o dos lugares de Paxareiras e Recarea.

Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos na Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Resultando que os veciños de Paxareiras e Recarea fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos, nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo, presentándose copia notarial do foro outorgado polo mosteiro de Sobrado e de S. Xusto de Toxos ós posuidores dos ditos lugares de Paxareiras e Recarea.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei

da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Considerando que de conformidade co contido do artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Paxareiras e Recarea, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

Considerando o exposto no resultando terceiro polos veciños de Paxareiras na súa petición de que o monte sexa cualificado de forma separada para cada lugar, así como visto o informe emitido ó respecto polo Servicio de Montes, a solicitude non é aceptada na instrucción do expediente conforme quedou reflectido no mencionado resultando.

Considerando o alegado no escrito dos veciños do lugar de Manda respecto ós límites co monte das comunidades de Paxareiras e Recarea. Do informe emitido pola Gardería Forestal e outras consultas realizadas resulta que os montes dos ditos lugares tiveron a súa orixe en dous foros, o de Paxareiras e Recarea, e o foro de Manda. A separación entre ambos vén determinada pola liña da valgada pola que discorre o regato do río Ribeiro, ata a chamada Cruz de Servo Saído. Este lindeiro e o que se incorporou a descrición feita no primeiro resultando.

Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características:

1. Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas.

2. Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros.

3. Que os veciños comuneiros residan habitualmente en «casa aberta» dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

Considerando que das actuacións obrantes no expediente e en especial da comprobación do que se expresa no quinto resultando, se deduce de forma indiscutible que, no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal dos lugares de Paxareiras e Recarea, parroquia de Coiro, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA

Cualificar como monte veciñal en man común, da Comunidade Veciñal de Paxareiras e Recarea, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos, o denominado parte do monte Cadaval, Ruña e outros, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro resultando. Así mesmo, acórdase excluír, o declarado, do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivera ins

crito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 14 de decembro de 1994.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do xurado