Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación da liña eléctrica a 15/20 KV. Ermida-Baio, tramo Baio-A Cebola, Zas; propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 46/1995, do 3 de febreiro (Diario Oficial de Galicia do 16 de febreiro de 1995), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da líña eléctrica a 15/20 KV Ermida-Baio, treito Baio-A Cebola, Zas, (expte. nº 52.574), das que é propietaria, e beneficiaria neste procedemento expropiatorio, a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación para tal efecto, que o representante da Administración dará comenzo sobre o terreo o día 25 de maio de 1995 a partir das 11.30 horas, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións, contidos nas relacións que se expoñerán nos taboleiros oficiais; ós que se lles

advirte que para tal acto poderán estar acompañados dos seus peritos e un notario, á súa custa, e que ata o momento do levantamento das actas, poderán formular ante esta delegación as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padeceran ó, relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 7 marzo 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña