Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52700).

Para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléc

trica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública, da instalación que segue:

-Modificación do proxecto denominado liña de alta tensión, en dobre circuíto, a 132 kV, desde a liña Eume-Cornido á subestación de Vilar do Colo, en Cabanas, consistente en:

Traslado do apoio nº 17 ó predio nº 108, cunha afección de solo de 36 m e cambiando o apoio Arce 450/18,45 a 630/27,5 e cambiando o apoio nº 18 dun Arce 450/13,95 a 630/23, cunha afección de solo de 36 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 14 de outubro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña