Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-146/1994, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos personais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferancia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-116/7 Caixa Galicia. Oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-146/1994.

Denunciado: Avelino Núñez Iglesias.

DNI nº: 33.626.871.

Último enderezo coñecido: García Abad, 15-1-, Lugo.

Feitos imputados: transporte de gando carecendo de guía de orixe de sanidade pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52º.

Precepto sancionador: artigo 217.3º

Sanción imposta: 25.000 ptas.

Lugo, 8 de marzo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo