Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995 pola que se anuncia concurso público, con trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza dos locais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, así como das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e sedes comarcais da Xunta de Galicia en Ordes, Lalín e Vilalba.

Obxecto do contrato: servicio de limpeza dos locais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, así como das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e sedes comarcais da Xunta de Galicia en Ordes, Lalín e Vilalba.

Prazo de execución: un ano.

Orzamento: 182.226.271 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles, de oficina, diante o prazo de presentación de pro

posicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 3.644.525 ptas.

Fianza definitiva: 7.289.051 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 6, categoría d.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sita na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás doce horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública