Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 15 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo 330/1992 para os efectos de expedición do duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo número 330/92 de data 9-4-1992 e por importe de 4.082.070 ptas. constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a C.O.C.S.L. e Consulting e Ingeniería Internacional, S.A. (CIISA), unión temporal, conxunta e solidariamente, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se, transcorrido o prazo de dous meses, a contar desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, que non terán ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 15 de marzo de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA