Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.029

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (195/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía número 195/1994, por instancia de Granitos de Xallas, S.L., representado polo procurador José Paz Montero, contrá Marítimo Terrestres de Construcciones, S.L., actuacións nas que se dictou a presente sentencia da data vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro, co encabezamento e parte dispositiva do teor seguinte:

«Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía número 195/1994, sobre reclamación de cantidade, seguidos en virtude da demanda promovida polo procurador José Paz Montero, en nome e representación da entidade mercantil Granitos de Xallas, S.L. baixo a dirección do letrado Adolfo Acebal Zulueta, contra a sociedade Marítimo Terrestre de Construcciones, S.L., declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador José Paz Montero, en nome e representación da sociedade mercantil Granitos de Xallas,

S.L., e con condena da sociedade demandada, Marítimo Terrestre de Construcciones, S.L., declarada procesualmente en rebeldía, debo declarar e declaro que a dita demandada lle deberá aboar á parte actora a cantidade de doce millóns oitocentas corenta e nove mil catrocentas oitenta e cinco pesetas de principal (12.849.485 ptas.) maila suma de trescentas setenta e cinco mil trescentas oitenta e dúas pesetas (375.382 ptas.), por gastos bancarios de devolución de efectos, mailos xuros legais incrementados en dous puntos a partir da data de presentación da demanda, ata o seu completo aboamento, condenando a dita demandada a estar e pasar pola anterior declaración, así como ó pagamento das custas causadas no procedemento.

Esta sentencia non é firme e contra ela as partes poden interpor perante este xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia por edictos a Marítimo Terrestre de Construcciones, S,L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado