Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.028

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (57/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo civil de cognición 57/1994, que se segue neste xulgado, se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

"Sentencia.- En Santiago de Compostela o sete de decembro de mil novencentos noventa e catro. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co nº 57/1994, no que actuaron o presidente da comunidade de propietarios da casa nº 30, antes nº 22, da rúa República do Salvador desta cidade, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais José Paz Montero e asistido polo letrado Waldo Maroño, e como demandada Coalición Galega, con domicilio social en Santiago de Compostela, declarada rebelde nas actuacións, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno a entidade demandada a satisfacerlle á comunidade demandante a suma de 242.355 ptas., e os xuros legais desde a interposición da demanda, con imposición das custas do procedemento ó demandado. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira Instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado".

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, Coalición Galega, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA