Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.027

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (138/1993).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, nos autos de menor contía nº 318/1993, seguidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Sr. Raposo Quintas contra Jesús Fabeiro Muñoz e outros, recaeu auto de mellora de embargo que na súa parte dispositiva di así:

"Decrétase a mellora de embargo trabado sobre bens dos demandados Jesús Fabeiro Muñoz, Eladio

Fabeiro Muñoz e Esperanza Muñoz Díez, debendo embargárselles novamente bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-la suma de 906.684 pesetas reclamadas nos autos por principal mailos xuros. E en consecuencia decláranse embargados os seguintes bens:

-Vehículo Renault 8, matrícula M-904479, propiedade de Eladio Fabeiro Campos.

-Vehículo Citroen Dyane 6-400, matrícula C-6863-U, propiedade de Eladio Fabeiro Campos.

-Parte proporcional do soldo que perciba Eladio Fabeiro Campos na ONCE.

-Saldo da conta de Eladio Fabeiro Campos no Banco Pastor de Noia.

-Leira denominada Cabeiro a labradío, cunha superficie de 78 metros cadrados, sita no lugar de Ézaro-Dumbría, limitada polo norte, leste e oeste con camiño e polo sur con valado e despois Manuel Casais Baña.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de reposición perante este xulgado no prazo de tres días. Así o acordou, mandou e asina Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Jesús Fabeiro Campos, actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 1995.

Rubricado.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA