Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.026

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (315/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

"En Santiago de Compostela, o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e catro.

No nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 315/1994, dimanante do procedemento seguido por danos, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Manuel Bello Iglesias (denunciante), veciño da r/ Cruceiro nº 6, Santiago de Compostela Trapsa, con domicilio social en Boisaca, estrada da Coruña, representada polo procurador Gómez Martín; e Alberto Agrasar Cruces, en paradoiro descoñecido.

Decido que debo condenar e condeno a Alberto Agrasar Cruces, como autor dunha falta do artigo 597 do Código Penal, con 50.000 pesetas de multa, e que indemnice a Trapsa en 28.000 ptas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para a ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC ), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo".

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación perante o xulgado de Instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Alberto Agrasar Cruces, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado.