Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.026

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (316/1994).

María de la Fe Meitin Fernández, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 316/1994, sobre ameazas, por instancia de Ricardo Arias Miguélez, contra José María Carreira Martínez, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal.

«Sentencia.-Na ciade de Santiago de Compostela o dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

María de la Fe Meitin Fernández, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 316/1994, sobre ameazas, no que foron parte como denunciante, Ricardo Arias Miguélez, maior de idade e veciño da Coruña, con domicilio en Juan Flórez, nº 43-4, e como denunciado, José María Carreira Martínez, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, coas circunstancias persoais que constan nos autos, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia:

Decido, absolvo libremente a José María Carreira Martínez, da falta da que viña sendo inculpado neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta mina sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a José María Carreira Martínez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1995.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA