Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.027

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (262/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administracion de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos nos que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 262/1993, seguidos por agresión; sendo denunciantes Josefa de los Ángeles Alonso Leiro e Rosa María Iglesias Ferreira, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Gumersindo Pampín Tojo, Casimiro Pampín Tojo e Manuel Salgueiro Vázquez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que, debo absolver e absolvo libremente a Gumersindo Pampín Tojo, Casimiro Pampín Tojo

e Manuel Salgueiro Vázquez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Josefa de los Ángeles Alonso Leiro, que se atopa en paradoiro ignorado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O Secretario

Rubricado