Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (204/1994).

Eu, a secretaria Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de desafiuzamento, co número de rexistro 204/1994, seguidos por instancia de Luis María Gil Marín, representado pola procuradora Pernas Grobas, con José López Sánchez, declarado en rebeldía; nos seus actos dictouse unha providencia que literalmente di así:

Por presentada a anterior demanda, admítese a trámite.

Ábrase o oportuno expediente que se rexistrará no libro da súa clase. Convóquese o actor Luis María Gil Marín e o demandado José López Sánchez a xuízo verbal, sinalándose para o efecto o vindeiro día dezaseis de maio, ás dez da mañá, expedíndose para iso cédula de citación ó demandado a continuación da copia da demanda, que se lle entregará ó axente xudicial para o seu debido dilixenciado conforme o prevido no artigo 1573 da Lei de axuizamento civil.

E para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en paradoiro descoñecido, José López

Sánchez, para que o vindeiro día dezaseis de maio, ás dez da mañá, compareza na sala de audiencia deste xulgado, á celebración de xuízo verbal, expido este edicto en Arzúa o 3 de outubro de 1994.

A secretaria

Rubricado