Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (80/1995).

Eu, María Luísa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía número 80/1995, por instancia de Jorge Loureiro Camean, representado polo procurador Óscar García Piccoli, contra, entre outros, Antonio Loureiro Lamas, con domicilio descoñecido, nos cales por medio de resolución desta data se acordou cita-lo referido demandado para que no termo de dez días compareza en autos, en forma, representado por procurador e asistido de letrado, baixo apercibimento de que se non comparece será declarado en rebeldía, e recaerá o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

Para a súa inserción nos periódicos oficiais e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado que sirva de citación en forma ó demandado Antonio Loureiro Lamas, expido o presente edicto en Padrón, 7 de marzo de 1995.

A secretaria

Rubricado