Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (34/1994).

José Ramón Sánchez Herrero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos de Vigo, fai saber que neste xulgado ó seu cargo se tramita expediente de dilixencias de prevención de ab intestato número 34/1994, de Juan González Ferreiro, maior de idade, fillo de Juan e Perfecta, con domicilio na Ramallosa, falecido o día 21 de outubro de 1993, sen parentes coñecidos, chamándose por medio do presente edicto a cantas persoas se crean con igual ou mellor dereito á herdanza para que no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto, compareza perante este xulgado, reclamándoa, con apercibimento de dala por vacante.

Dado en Vigo o dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado