Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3797 A.T. e tres máis).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo-Cidade Viveiro, 4, en solicitude de autorización para instalar varios expedientes da provincia de Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de Exp-3797 reelectrificación da parroquia de Dusarría I e II fase, concello de Castro de Reis, liñas de media tensión 20 kV apoios de formigón, conductores LA-30 de 883, 50 e 240 m de lonxitude. Centro! de transformación de 25 kVA en Salgueiros e Paderne e 50 kVA o de Pedregas, 20.000-10.000 liñas de baixa tensión, conductores R.Z.-2x16 e 4x16 Al.

Exp. 3798 A.T.: L.M.T., C. T., enlace R.B.T. Felmil, concello de Begonte: liña de media tensión 20 kV, conductor LA-30, apoios de formigón de 1.344, m de lonxitude. Centro transformación 100 kVA, 20 kV, 380/220 V, torre metálica. Rede de baixa tensión conductoresx R.Z.-95-50-25 apoios de formigón.

Exp. 3800 A.T.: reelectrificación de Menda (Becín), concello de Guitiriz: liña de media tensión 20 kV, conductor LA-30 apoios de formigón e torres metálicas, de 791 m de lonxitude. Centro transformación 50 kVA 20 kV, 380/220 V. Rede de baixa tensión conductores R.Z.-95-50-25.

Exp. 3799 A.T.: L.M.T. e C.T. subministración ó Matadeiro Municipal de Viveiros. Liña de media tension aérea 20 kV, de 214 m. Centro transformación de 100 kVA 20.000 ± 5%, 398/230 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo