Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3605 A.T. e catro máis).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo-Cidade de Viveiro 4, en solicitude de autorización para instalar instalacións eléctricas de varios concellos da provincia de Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de Exp. 3605 A.T.: reelectrificación de San Pantaleón, concello de Ourol: liñas de media tensión 20 kV, de 60 m a de Arroxoa e 814 m a de Iza, apoios de formigón e torres metálicas, conductor LA-30. Centros de transformación de 25 kVA o de Arroxoa e 50 kVA o de Iza, 20.000-10.000, 380/220 V ± 5% torres metálicas. Redes de baixa tensión, apoios de formigón e conductores R.Z.-95-50-25.

Exp. 794 A.T.: reelectrificación Sta. Mª de Ferrol (Guntín): liñas de media tensión 20 kV, de 447 m, apoios de formigón e torres metálicas, conductor LA-30. Centro transformación 100 kVA 20.000, 380/220 V, torre metálica. Rede de baixa tensión apoios de formigón e conductores R.Z.-95-50-25.

Exp. 3795 A.T.: reelectrificación San Xoán de Alba, 2ª fase (Vilalba): liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 530 m a de Pazos e 10 m a de Penalas, apoios de formigón e torres metálicas, conductor LA-30. Centros de transformación de 50 kVA en Pazos a 100 kVA en Penelas, 20.000, 10.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión, apoios de formigón e conductores R.Z.-95-50-25.

Exp. 3796 A.T.: L.M.T., C.T., R B.T. en Labio 2ª fase, concello de Lugo: liña de media tensión 20 kV, de 290 m conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20 kV, 380/220 V, torres metálicas. Rede de baixa tensión, conductores R.Z.-95-25 ancios de formigón ou sobre fachada.

Exp. 3806 A.T.: L.M.T. e C.T. edificio Construccións Rifer, S.L., na Avda. Cantábrico de Foz: liña de media tensión subterránea 20 kV, de 468 m de lonxitude, conductor 1±95 mm Al. Centro transformación 1 X400 kVA, 20.000±5%, 398/230 V.

Esta autonzación non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo