Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 79/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Anteproxecto de subestación eléctrica transformadora a 132/20 kV de Sada, no lugar de Muíño do Vento, consistente en:

-Dous módulos de liña pata 132 kV, un de entrada e outro de saída.

-Un módulo de protección do transformador de potencia.

-Un transformador de 15 MVA e tensións de 132/20 kV.

-Un módulo de saída ás liñas a 20 kV, con aloxamento de 5 saídas.

-Barras de 132 kV.

-Aparellaxe de protección, mando, sinalización e medida.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de outubro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña