Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 189/1993 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de S.M. Pradoc, S.A.,con domicilio en Madrid no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., e un C.T. nas Pereiras, concello de Mos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición sin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a S.M. Pradoc, S.A. a instalación de L.M.T., e un C.T. nas Pereiras, concello de Mos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 22 de abril de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra