Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de marzo de 1995 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado La Milagrosa de Carballo (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado La Milagrosa de Carballo (A Coruña) en solicitude de cesamento de actividades do dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo a autorización definitiva por Orde do 27 de outubro de 1976.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Real decreto 332/1992, do 3 de abril, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (BOE do 9).

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relacionano anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: Carballo.

Localidade: Carballo.

Enderezo: Dr. Fleming, 57.

Denominación: La Milagrosa.

Titular: Hijas de la Caridad-de San Vicente de Paul.

Autorización do cesamento de actividades do centro.